sábado, 5 de mayo de 2012

C'est finni

E se o fago non é por ti, senon por min. Porque antes que ter amor por ninguén haino que ter por un mesmo, e non podo quererte a ti máis que a min. Se o fago é por eso de que non se pode ter como prioridade a alguén que te ten como opción. Se o fago quere decir que madurei, non moito, pero madurei. Pero o peor de todo é, que teño a falsa esperanza, de que se o fago ti penses as cousas, e poidas dicir que me queres, e que nunca máis imos estar separados. Sei que se o fago, iso non pasará, e teño medo. Pero é mellor así. Se o fago é porque estou cansa. Porque sei que non me queres. Porque non penso vivir á sombra sempre. Se o fago non é porque non te queira, senon porque te quero demasiado. Pero todo cansa, e cansa esto máis que nada. Non me chames, nin me fales, nin imos sair xuntos máis. Non quero verte, nin sentir o teu nome por ahi. Olvídame, ou se ti non tes nada que olvidar, deixa que eu si poida facelo. Aprende a amar. Un biko, ata sempre.