miércoles, 14 de septiembre de 2011

Xa non podo máis.

As súas palabras, espetáronseme no peito, como se de coitelos afiados se tratase. Sentinme pequena, inútil, insignificante. Sabía que nunca o deixaría de querer, e que el tampouco chegaría xamáis a esquencerme, e iso dábame forza. Nunca o pasara tan mal. O mundo está feito para os fortes, non para os febles. A cada momento sentía ganas de chorar. Pregunteime cando voltaría a ser eu mesma, a rir con gañas, a non ser comida a grandes bocanadas polo mundo. Xurei que non volvería  a namorarme, pero, de todos modos, era imposible; nunca o podería esquecer a el. Cada vez que escoitaba o seu nome, sentía unha punzada no estómago, como se me estivesen a dar por dentro unha forte paliza. O que máis me doera, quizáis fose rematar así, sen sequera despedirme, sen preguntarlle, sen responderlle ás súas preguntas. Non quería velo, nin oír falar del. Quería olvidar. Pensei en que ogallá non o tivese coñecido, inda que sabía, que durante case un ano, fora o mais importante que tivera, e o muro sobre o que me apoiara a cada día que non tiña forza nas pernas. Pensei en por qué el non podía quererme, e por qué me fixera todo aquilo. Pensei en canto tardaría en deixar o pasado atrás, e se algún día sería capaz. Sentinme soa, desfeita, taciturna, gris, escura, torpe, fea. Nunca antes sufrira por amor, e non pensaba volver a facelo. Daquela tiña dezasete anos, e foi cando decidín que a vida era unha merda.

(adicado a ti, meu amor, porque sigo tendo a esperanza de que algún día volvas, e me sigas perturbando. porque nunca máis haberá ninguén coma ti. porque sei que non es capaz de querer, pero dentro dos teus límites, sen min xa non es persoa. volve. inda que non sexamos bos o un para o outro, eu quérote, e daría a miña vida por ti... att, marJarita...)

No hay comentarios:

Publicar un comentario