lunes, 4 de junio de 2012

E se te vas heite botar de menos. E se marchas pensa en min cada vez que a lúa esté chea. Cada noite antes de durmir, e cada mañán ó espertar. Se te vas, volve. E volve para quedarte. Non me faltes nunca, porque es todo canto quero. E se me faltas morro, e eu tamén estarei pensando en ti sempre que ti o fagas. Recordarei con tenrura os teus "quérote" e con paixón todo aquilo que fixemos a altas horas da madrugada. Recordarei cun sorriso cada unha das tonterías que ó longo de case dous anos me dixeches, e recordarei, para ser exactos cada abrazo, bico, caricia. Cada segundo. Pero volve. Volve xa. Porque inda non te foches e xa te boto de menos.

- Máis ben.
+ Máis ben qué?
- Rote.






ámote.

No hay comentarios:

Publicar un comentario