martes, 28 de junio de 2011

AL

E daste conta de cómo lentamente todo é o mesmo. A vida non é vida, senon morte. O noso destino é morrer, e   a propia vida é un camiño cara a morte. Maduras, ves as cousas de distinta maneira. A vida en si mesma. Uns nacen,  outros morren. É lei de vida. Mentres uns aprenden a falar ou camiñar, outros van deixando de facelo pouco a pouco. Non é fácil para ti, nin é facil para ninguén. Tampouco podes pretender que outros te entendan se non pasaron por iso. É complicado. Doe ver como van empodrecendo de un día ao outro. Quizáis fose mellor que o seu corazón deixase de latir; pero o día que o faga, un pedazo do meu irase tamén con ela.

No hay comentarios:

Publicar un comentario