domingo, 16 de octubre de 2011

Saber que inda que poidamos ter as nosas diferenzas, inda que poidamos chegar a non soportarnos despois de pasar varios días seguidos xuntas, sempre seremos un pack. Despois de tanto tempo, contemplo como a nosa amizade nunca deixou de existir, nin sequera mudou. Hai cousas que  só sabes ti, e hai cousas que só sei eu. Podo ter centos de amigas, mellores ou peores, pero ti non es só unha amiga. Ti es unha irmá. Hai cousas que si cambiaron, como por exemplo os plans de unha tarde calquera, que pasaron de ser xogar ao de sempre a ser, ir tomar algo con calquera. Pero por exemplo non cambiou o de pasar de cando en vez unha tarde tiradas na casa sen facer nada, rindonos e dicindo bobadas para facer rir á outra. Porque a nosa é unha amizade distinta ao resto. Non se pode explicar sen palabras. Somos ti mais eu e eu mais ti. Pase o que pase, sempre estaremos aquí a unha para a outra. Non esquezas que eres o máis que teño. Non o esquezas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario