viernes, 6 de abril de 2012

17 días 6.

Gustaríame que recordases cando me coñeceches.. ¿Qué foi o primeiro que pensaches? Eu sei que a pesar de todo o que a ambos se nos puido pasar nese momento pola cabeza, ningún dos dous pensamos en este momento, case ano e medio despois, así.. Sei que en ningún momento pensaches que poderías chegar a namorarte "un mínimo" de min, e na miña intención nunca estivo amarte así. Quero que recordes tamén, como aquel 6 de Novembro de 2o1o me dixeches que "todo aquilo que queiras de corazón, non o deixes marchar". Dende aquel día, nunca máis nos separamos. É ben certo que tivemos os nosos máis e os nosos menos, e temos tido discusións máis que importantes.. Pero eu penso que os momentos malos me pagan polos bos, ¿non? Quero que saibas, que durante este tempo, pensei miles de veces en mandalo todo á merda, e en irme lonxe para facerche a vida máis fácil.. Porque si, para os dous sería mellor esquencer, borrar todo da memoria, nunca ternos coñecido.. Pero cada vez que penso niso, cando máis afundidos estamos, penso en todos os momentos que me puxeches o hombro para chorar, en todos os días nublados que pasamos xuntos, en todas as noites baixo a lúa chea, en mañáns, tardes e noites ó teu lado e en cómo en un ano e cinco meses, me fixeches a nena máis feliz do mundo, deixándome marcada a espalda, guiñándome un ollo nun bar, ou chamándome unha noite calquera porque se che esquenceu de darme as boas noites. En momentos como os que estamos pasando, penso en todo eso, en todas as veces que me quixeches, que te quixen, e todo o que vivimos ata o de agora, e ¿sabes qué? Que sí; que vale a pena seguir peleando por ti, que sei que me vai costar, e que máis do que teño non vou conseguir, pero que te quero, e que tiñas razón, o que queiras de corazón non o deixes escapar. NUNCA.


Quérote vestido, desnudo, cheo de merda, na miña casa, no teu coche, ca lúa chea ou cos cans ladrando. Quérote con ela, sen ela, escondido ou entre a xente. Quérote no traballo, cansado, descansado, na piscina ou na praia. Quérote en Calo, en Cacheiras, no garito ou onde sexa. Quérote borracho, gordo, delgado, recén comido ou sen comer. Quérote. Quérote contento, triste e de malas. Quérote, porque te fas querer. 

<3

No hay comentarios:

Publicar un comentario