martes, 10 de abril de 2012

Non mires atrás. Non penses en mañán.

Que a vida é unha merda, joder. Que a xente non fai máis que mirar ó pasado e ó futuro, e nadie pensa no presente.
E ti non cres que hai veces que é bo lembrar o que xa pasou?
Si, supoño que lembrar si. Pero non podes deixar que o pasado te abrume. Non podes deixarte marcar polo que xa vai alá nin nin polo que vai pasar mañá. Eu prefiero arrepentirme do que fixen que do que non fixen, e se estou aquí, é porque quero! Porque prefiro estar aquí pechada en catro paredes, núa e abrazada a ti, que estar de festa, ou vendo a tele, ou con outro calquera. Eu escollo estar aquí, porque é o que quero agora. E non penso no que vai pasar mañá, porque...
Nena, se eu pensase no que vai pasar mañá, agora non estariamos aquí.

No hay comentarios:

Publicar un comentario