martes, 9 de agosto de 2011

Gracias, eu tamén te quero.

Non podes dicirme que non o quero Ti non sabes nada. Ninguén sabe nada. Non podes decirme que eu son a mala da película, porque eu quero, teño sentimentos, estou namorada. Non digo que isto esté ben, pero cada un terá que mirar polo seu, supoño, e eu miro polo meu; loito polo que realmente quero e me importa. Ti non podes entender nin nunca poderás, o feito de que cada vez que o vexo se me siga poñendo a pel de galiña como o primeiro día. Que me estremeza con cada unha das súas miradas. Que se me saia o corazón do sitio cada vez que el me chama. Ti non es quen de entender que con cada mirada, bico, caricia ou abrazo se me pare o mundo, e non sexa capaz de prestar atención a nada máis. Ti non es ninguén para opinr, e dicirme que a el eu non lle importo, porque a ti tamén che importaba, e mira agora. El demostroumo, demostroume que ía estar aquí cando eu necesitase algo, que me ía apoiar, que me ía facer rir cando só tivese ganas de chorar. Non podes poñerme de mala, porque non me considero a mala. Non podes pretender que non queira, porque sí que quero. Ti non tes nin idea do que podo chegar a querelo. Non sabes nada! Queres que o deixe? Pois vas ter que esperar a que el o faga, porque o que a min respecta, non penso deixalo a menos que haxa problemas de verdade, ou que algún día me falle, cousa que a diferencia de ti, inda non fixo. Non sei se actúas por celos, por rabia, ou por qué, pero é a miña vida, e ti non vas decidir a quen quero. Disme que madure? Primeiro faino ti, e aprende a non meterte en vidas alleas. O mais importante que ten que saber facer un home e oir, ver e calar; e calar é a mais importante. Déixame, non me arruínes a vida. Según ti con esto non o fas, só son eu que lla arruinei a el. Pero entende, que eu non o obliguei a nada, que quen nos está jodendo es ti, e que a min non farás mais que conseguir que o perda pra sempre, pero a el pódelo fundir na miseria, e eu non penso permitir iso, porque se el cae, eu tírome. Podes chamarme "niñata" e falar mal de min con todo o mundo; e máis, sei que o farás, pero non me importa. Non me importas ti, nin ninguén que non me apoie. Vou a seguir con isto até o final, até que rematen conmigo, me fundan, me maten a ostias, ou até que me convirta na súa esposa. Non sei como rematará esta historia, pero quero que o meu destino non o dictes nin ti, nin ningunha outra persoa que non sexamos nós. A vida xa me está sendo bastante jodida de por sí mesma,  para que logo veña xente coma ti e ma remate. Non penso deixar que ninguén me arruine. Vou a loitar até que venza ou perda, pero non me vou rendir.


PD:  Con cada puñalada, axúdasme a madurar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario